1941
|
|
1967 Vento ferido Unha ducia de contos breves reunidos nunha colección e que tratan da soidade, o fatalismo e a violencia.
|
1968 A galiña azul Cinco pequenos contos dirixidos a nenos coa apariencia de contos tradicionais cheos de fantasía, nos que trata temas como a inxustiza social e a intolerancia.
|
1969 Cambio en tres O mundo da emigración tratado dun xeito novidoso e experimental, no que destaca o monólogo interior.
|
1975 Xoguetes pra un tempo prohibido Novela ambientada nos tempos da posguerra. É unha reflexión sobre as ilusións perdidas e os soños non acadados.
|
1979 Os escuros soños de Clío Doce contos breves baseados supostamente en anécdotas históricas, cheos de superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor. O título ten relación con Clío, a musa da Historia.
|
1980 Ilustrísima Novela ambientada nos comezos do século XX, na que se narra o enfrontamento entre o bispo dunha cidade da Galiza interior e a curia episcopal.
|
1983 O Can Rin e o lobo Crispín Narrativa infantil. O can Rin e o lobo Crispín emprega os mellores recursos da literatura oral e unhas pingas de surrealismo para contar unha historia divertida que transcorre nun ambiente rural.
|
1987 Os mortos daquel verán Novela ambientada no comezo da Guerra Civil que comeza coa investigación da morte dun boticario, aparentemente accidental, e que dá pé para tratar o dogmatismo, a verdade e a violencia opresora daquel tempo.
|
1996 Deus sentado nun sillón azul Narración na que se reflexiona sobre o papel dos intelectuais e a súa relación co poder, así como a elaboración da memoria en relación ao paso do tempo.
|
2002 O sol do verán Última novela escrita por Carlos Casares, sobre as lembranzas que a protagonista ten dun amigo da infancia que se suicidou nun tempo pasado.
|
2002
|
|