2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002
Carlos Casares
1941-2002
autoría
crono
en liña
en papel
álbum
obras
máis

Vento ferido

Unha ducia de contos breves reunidos nunha colección e que tratan da soidade, o fatalismo e a violencia.

1967

A galiña azul

Cinco pequenos contos dirixidos a nenos coa apariencia de contos tradicionais cheos de fantasía, nos que trata temas como a inxustiza social e a intolerancia.

1968

Cambio en tres

O mundo da emigración tratado dun xeito novidoso e experimental, no que destaca o monólogo interior.

1969

Xoguetes pra un tempo prohibido

Novela ambientada nos tempos da posguerra. É unha reflexión sobre as ilusións perdidas e os soños non acadados.

1975

Os escuros soños de Clío

Doce contos breves baseados supostamente en anécdotas históricas, cheos de superstición relixiosa, ficción histórica, verdade, fantasía e humor. O título ten relación con Clío, a musa da Historia.

1979

Ilustrísima

Novela ambientada nos comezos do século XX, na que se narra o enfrontamento entre o bispo dunha cidade da Galiza interior e a curia episcopal.

1980

O Can Rin e o lobo Crispín

Narrativa infantil. O can Rin e o lobo Crispín emprega os mellores recursos da literatura oral e unhas pingas de surrealismo para contar unha historia divertida que transcorre nun ambiente rural.

1983

Os mortos daquel verán

Novela ambientada no comezo da Guerra Civil que comeza coa investigación da morte dun boticario, aparentemente accidental, e que dá pé para tratar o dogmatismo, a verdade e a violencia opresora daquel tempo.

1987

Deus sentado nun sillón azul

Narración na que se reflexiona sobre o papel dos intelectuais e a súa relación co poder, así como a elaboración da memoria en relación ao paso do tempo.

1996

O sol do verán

Última novela escrita por Carlos Casares, sobre as lembranzas que a protagonista ten dun amigo da infancia que se suicidou nun tempo pasado.

2002

O galo de Antioquía

Narrativa infantil. Humor que raia o absurdo nesta fantástica e divertida historia dun home que se converte en galo.

2003

Recompilacións da obra de Carlos Casares

O suicidio de Jonas Björklund e outras historias

Recompilación de contos breves e narracións nas que aparecen os temas principais da obra de Carlos Casares.

2017

A ledicia de ler

Esta compilación de máis de catrocentos artigos dos máis de vinte anos, de 1975 a 1992, en que Carlos Casares no xornal La Voz de Galicia a columna A ledicia de ler.

2017















Carlos Casares