2023 2022 2021 2020 2019 2018 2017 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 |
Ricardo Carvalho Calero 1910-1990 autoría crono en liña en papel álbum obras |
Vieiros
Primeiro libro de poesía de Ricardo Carvalho Calero, dentro das liñas vangardistas e do neotrovadorismo.
1931
O siléncio ajoellado
Colección de poesía ultraísta e creacionista de Ricardo Carvalho Calero.
1934
A gente da Barreira e outras histórias
A primeira novela en galego da posguerra. Conta a historia dunha familia da fidalguía rural galega durante os séculos XIX e XX.
1951
Salterio de Fingoy
Seguindo a forma dun salterio, libro de coro que contén salmos, reúne poesías de temática existencia.
1961
Historia da literatura galega contemporánea
Monumental obra de estudo da literatura galega desde os primeiros escritos do século XIX ata os anos 70 do século XX. É a obra de referencia fundamental para a comprensión da literatura galega.
1975
Scórpio
Novela histórica na que se retrata a propia xeración de Ricardo Carvalho Calero, desde a xuventude galeguista ata os anos da posguerra, con tintes autobiográficos.
1987
Reticências
Libro póstumo de poemas, que recolle a poesía composta entre os anos 1986 e 1989.
1990
| Recompilacións da obra de Ricardo Carvalho Calero
Catro pezas
Recompilación de teatro que contén: Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, A sombra de Orfeo.
1971
Pretérito Imperfeito
É un libro de poemas de Ricardo Carvalho Calero que contén a súa produción poética entre os anos 1927 e 1961.
1980
Futuro condicional
Recompilación da poesía de Ricardo Carvalho Calero desde o 1961 ata o 1980.
1982
Antologia da poesia em galego
Antoloxía da poesía de Carvalho Calero.
2020
|
|
Ricardo Carvalho Calero
|