1962
|
|
1962 Nace o 4 de marzo. Inscríbese o seu nacemento na Granxa Barreiros, en Ortoá, Sarria (Lugo) co nome de María de los Ángeles.
Era a primoxénita de Amparo Castaño e Valentín Arias.
|
1963 En Barreiros, Sarria (Lugo)
Arquivo familiar Xela Arias.
|
1969 Valentín é destinado como mestre na Escola Nacional Graduada de Sárdoma, en Moledo (Vigo) e a familia pasa a vivir en Vigo.
Neste centro Xela completará o ensino primario.
|
1972 Xela en Vigo, 1972.
Arquivo familiar Xela Arias.
|
1973 Gaña o primeiro premio do VI Concurso de Contos Infantís O Facho, da Coruña, co conto titulado "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia".
|
1980 Entra a traballar de administrativa en Edición Xerais de Galicia, polos seus coñecementos do galego escrito e falado.
|
1984 Cambia o seu nome, María de los Ángeles, polo seu equivalente en galego: María dos Anxos. Non consegue que lle sexa recoñecido o de Xela.
|
1986 Contos ao teléfono Contos ao teléfono, de Gianni Rodari, (1986), Editorial Juventud, Barcelona. Tradución de Xela Arias.
|
1986 Denuncia do equiibrio Denuncia do equilibrio, (1986), Edicións Xerais de Galicia, Vigo.
|
1986 O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha historia de amor O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor, de Jorge Amado, (1986), Edicións Xerais de Galicia, Vigo. Tradución de Xela Arias.
|
1987 O bosque animado O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez, (1987), Edicións Xerais de Galicia, col. Xabarín, Vigo. Tradución de Xela Arias.
|
1989 As bruxas As bruxas, de Roald Dahl, (1989), Edicións Xerais de Galicia, Vigo. Tradución de Xela Arias.
|
1990 Contos eróticos/elas Contos eróticos. Elas, (1990), Edicións Xerais de Galicia, Vigo.
|
1990 Tigres coma cabalos Tigres coma cabalos, (1990), Edicións Xerais de Galicia, Vigo.
|
1991 Comeza os estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo.
|
1992 Casa con Xulio Xil Rodríguez.
|
1993 O derradeiro dos mohicanos O derradeiro dos mohicanos, de Fenimore Cooper, (1993), Edicións Xerais de Galicia, col. Xabarín, Vigo. tradución de Xela Arias.
|
1994 Nace o seu fillo Darío.
|
1995 Cambio oficial de nome. A partir de agora o seu nome será Xela.
|
1996 Darío a diario Darío a diario, (1996), Edicións Xerais de Galicia, Vigo.
|
1999 Drácula Drácula, de Stoker, (1999), Edicións Xerais de Galicia, col. Xabarín, Vigo. Tradución de Xela Arias.
|
1999 Traballa como profesora substituta de Lingua Castelá e Literatura nos IES de Terra de Xallas, en Santa Comba (A Coruña), Paralaio, en Moaña (Pontevedra), Valle Inclán, de Pontevedra, Xelmírez II de Santiago e Valadares II, de Vigo.
|
2000 É destinada como profesora de Lingua Castelá e Literatura ao IES de Chapela, en Redondela (Pontevedra).
|
2001 Venus negra Venus Negra, de Ángela Carter, (2001), Edicións Xerais de Galicia, Vigo. Tradución de Xela Arias.
|
2001 No curso 2001-02 imparte clases da súa especialidade no IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra).
|
2003 Intempériome Intempériome, (2003), Espiral Maior Poesía, A Coruña.
|
2003 Durante o curso 2002-03 dá clases de Lingua Castelá e Literatura no IES Álvaro Cunqueiro, de Vigo.
|
2003 En outubro é destinada ao IES Monte Carrasco, de Cangas (Pontevedra).
O primeiro de novembro falece dun ataque ao corazón nun hospital de Vigo. Entérrase no cemiterio de Pereiró, en Vigo.
|
2003
|
|