1903
|
|
1903 Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na parroquia de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Era fillo de Florencio e Consuelo e o menor de cinco irmáns: Lucio, María Consuelo, Rocío e Edmundo.
|
1904 Florencio M. Delgado Gurriarán, cun ano de idade. (Ca.1904)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)
|
1907 Florencio, á esquerda, co seu irmán Edmundo. (Ca. 1907)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)
|
1909 Florencio, á dereita e coas mans no cinto, cos seus irmáns. (Ca. 1909)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)
|
1909 A familia trasládase a vivir a Ourense, nunha estadía que durará catro anos.
|
1913 Un novo traslado do pai, funcionario do Ministerio de Fomento, leva a toda a familia a Palencia, onde Florencio estuda Primaria.
|
1918 Florencio, á esquerda, co seu curmán Gonzalo. (Ca. 1918)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)
|
1919 A familia Delgado Gurriarán ao completo. De pé: Rocío, Lucio, María e Florencio. Sentados: O pai, Florencio; Consuelo, a nai e Edmundo. (Ca. 1919)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)
|
1921 Morte aos 59 anos, por causas naturais, de Consuelo, a nai de Florencio
|
1922 Cumprindo co servizo militar obrigatorio no Rexemento de Lanceiros de Farnesio, en Valladolid. (Ca. 1922)
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras (Ourense)
|
1924 Remata en Valladolid a carreira de Dereito.
|
1928 Volta a Córgomo para preparar as oposicións a Rexistrador da Propiedade. Faise socio protector do Seminario de Estudos Galegos.
|
1929 Comeza a traballar de pasante nun bufete do Barco de Valdeorras.
|
1933 Ingresa como militante no Partido Galeguista.
|
1934 Bebedeira Bebedeira (1934)
Ed. NÓS. Santiago
|
1936 Comeza o golpe de estado franquista e Florencio ten que fuxir, primeiro a Portugal e, posteriormente a Francia.
|
1938 1938 Chega a Barcelona no mes de xaneiro e ingresa, co grao de tenente, no exército republicano. Entra a formar parte da Executiva do Partido Galeguista.
|
1939 Organiza a evacuación de prisioneiros de guerra confinados en campos de concentración franceses.
|
1940 Parte no buque «Ipanema», xunto con case mil refuxiados políticos españois, ao exilio de México. Obtén a nacionalidade mexicana.
|
1942 Participación na publicación da revista Saudade,en México, da que se editarán sete números, ata o ano 1953.
|
1943 Cancioneiro da loita galega Cancioneiro da loita galega. Ed. Partido Galeguista. México (1943)
Fondo Fundación Isla Couto. Vigo
|
1944 Casa con Celia Teixeiro, coa que tivo cinco fillos. Este mesmo ano asina, en representación do Partido Galeguista, o pacto Galeúsca, de actuación política entre os exiliados vascos, cataláns e galegos.
|
1949 Poesía inglesa e francesa vertida ao galego Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Editorial Alborada, Bos Aires (1949)
|
1949 Comeza a traballar nos Laboratorios Queralt Mir na venda de produtos farmacéuticos, actividade coa que chegará á xubilación no ano 1973.
|
1951 Trasládase a vivir coa familia á cidade mexicana de Guadalaxara.
|
1953 Fúndase o Padroado da Cultura Galega de México, no que participa Florencio, para promover iniciativas culturais galegas.
|
1959 Edítase a revista Vieiros, da que Florencio é un dos fundadores e da que só se editaron catro números.
|
1963 Galicia infinda Galicia infinda
Ed. Galaxia, Vigo 1963
|
1968 Primeira visita temporal a Galicia.
|
1973 Xubílase como empregado dos Laboratorios Queralt Mir.
|
1976 Fai unha segunda viaxe a Galicia.
|
1981 Cantarenas Cantarenas
Ed. do Castro, Sada-A Coruña, 1981
|
1981 Fai a súa terceira e última visita a Galicia.
É elixido membro correspondente da Real Academia Galega en México.
Fondo Casa da Cultura. Concello de O Barco de Valdeorras, Ourense
|
1986 O Soño do guieiro O Soño do guieiro (opúsculos de poesía)
Ed. do Castro, Sada-A Coruña, 1986
|
1987 Faleceu o 14 de maio con case 84 anos de idade cando se atopaba na casa dunha das súas fillas, en Fair Oaks, California.
|
|
1987
|
|