2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002
Francisco Fernández del Riego
1913-2010
autoría
crono
en liña
en papel
álbum
obras
1913
1913
Nace en Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913. Era o primoxénito dos once fillos e fillas de Vicente e Amada. Recibe os nomes de Francisco Jesús Benito Antonio.
1930
A familia trasládase a Madrid e Francisco comeza os estudos de Dereito.
1931
O 14 de abril de 1931 proclámase a II República. Trasládase a Santiago de Compostela coa súa familia. Celebra o 25 de xullo, Día de Galiza, izando a bandeira galega no balcón do concello de Lourenzá e pronunciado unha arenga. É a súa primeira intervención pública. Na Universidade compostelá continúa os estudos de Dereito e comeza os estudos de Filosofía e Letras, que nunca rematou.
1932
Ingresa, a primeiros do 1932, no Partido Galeguista como militante do grupo de Santiago de Compostela.
1933
Na apertura do curso universitario pronuncia un discurso, en representación do estudantado, co título La universidad gallega ante el momento actual, no que reclama a galeguización da universidade compostelá.
1934
Participa na constitución de Galeuska, organización de nacionalistas de Galiza, Euskadi e Cataluña. Remata a carreira de Dereito na Universidade compostelá.
1936
No 1936 comeza a Guerra Civil. Césano como profesor universitario e é inhabilitado para exercer a docencia. Chámano a filas e percorre diferentes frontes de batalla.
1939
Ao licenciarse, trasládase de Santiago de Compostela a Vigo para traballar no bufete de Valentín Paz Andrade. Ocúpase da revista Industrias Pesqueras. Dá clases nos colexios vigueses Labor e Mezquita.
1940
En 1940 casa con Evelina Hervella Nieto, á que coñecera en Valdeorras facendo o servizo militar. Non terán descendencia.
1943
Comeza a reorganizar, na clandestinidade, o Partido Galeguista.
1947
Detéñeno, xunto a Darío Álvarez Blázquez, pola súa pertenza á Unión de Intelectuais Libres. Coordina, durante case unha década, a maioría dos programas semanais en galego da BBC de Londres.
1949
Cos ollos do noso espírito
Cos ollos do noso espírito. Edit. Alborada, Bos Aires, 1949
1949
Exerce, a proposta de Luís Seoane, como correspondente do Centro Galego de Bos Aires e envía para o boletín do Centro unha crónica mensual co título de Galicia cada trinta días, co psudónimo de Salvador Lorenzana. Publica Cos ollos do noso espírito.
1950
Danzas populares galegas
Danzas populares galegas. Edicións Galicia. Centro Galego de Bos Aires, 1950
1950
Nace, da man de Xaime Isla e Francisco F. del Riego, a Editorial Galaxia no 1950 co obxectivo de difundir a cultura galega. Edicións Galicia do Centro Galego de Bos Aires publica Danzas populares galegas.
1951
Manual de historia de la literatura gallega
Historia de la literatura gallega. Ed. Galaxia. Vigo, 1951
1953
La saudade
La saudade. Ed. Galaxia. Vigo, 1953
1954
Galicia no espello
Galicia no espello. Edicións Galicia. Centro Galego de Bos Aires, 1954
1955
Escolma de poesía galega. IV Os contemporáneos
Escolma de poesía galega. IV Os contemporáneos. Ed. Galaxia. Vigo, 1955
1957
Escolma de poesía galega. IV O século XIX
Publica na Editorial Galaxia Escolma de poesía galega. IV. O século XIX.
1960
Ingresa na Real Academia Galega o tres de novembro de 1960. O seu discurso de ingreso leva por título Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, discurso que foi respondido por Carvalho Calero.
1963
Participa na creación do Partido Socialista Galego e é elixido Primeiro Secretario Xeral.
1963
Comeza a publicación da revista Grial no 1963, continuadora dos cadernos do mesmo título e censurados nos anos cincuenta polas autoridades gobernativas franquistas. Instáurase o Día das Letras Galegas, a proposta de Xesús Ferro Couselo, Manuel Gómez Reino e o propio Francisco F. del Riego, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Créase en Vigo a Fundación Penzol para manter o legado de Fermín Fernández Penzol-Labandera. Francisco F. del Riego dirixirá a Fundación ata o ano 2010.
1971
Historia da literatura galega
Historia da literatura galega. Ed. Galaxia. Vigo, 1971
1971
Os camiños galegos na andadura de don Ramón del Valle Inclán
Os camiños galegos na andadura de don Ramón del Valle Inclán. Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación. A Coruña, 1971
1973
Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores
Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores. Real Academia Galega, 1973
1974
Letras do noso tempo
Letras do noso tempo. Ed. Galaxia. Vigo, 1974
1976
Antoloxía de poesía galega. Do posmodernismo aos novos
Antoloxía d epoesía galega. Do posmodernismo aos novos. Ed. Galaxia. Vigo, 1976
1976
Poesía galega. Do dezanove ós continuadores
Poesía galega. Do dezanove ós continuadores. Editorial Galaxia. Vigo, 1976
1977
Participa na Candidatura Democrática Galega para o Senado. Non sae elixido.
1978
Solicita a baixa no Partido Socialista Galego disconforme coa traxectoria que toma o partido. Abandona a vida política.
1978
Hombres que hicieron Galicia. Antolín Faraldo
Hombres que hiciieron Galicia. Antolín Faraldo. Ed. Grafinsa. Vigo, 1978
1979
Vocabulario castellano-gallego
Vocabulario castellano-gallego. Ed. Galaxia. Vigo, 1979
1981
Vicente Risco. Escolma de textos.
Vicente Risco. Escolma de textos. Real Academia Galega, A Coruña, 1981
1983
Ánxel Casal e o libro galego
Ánxel Casal e o libro galego. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 1983
1983
Pensamento galeguista do século XIX
Pensamento galeguista do século XIX. Ed. Galaxia. Vigo, 1983
1983
Pensamento galeguista do século XX
Pensamento galeguista do século XX. Ed. Galaxia. Vigo, 1983
1984
As peregrinacións xacobeas
As peregrinacións xacobeas. Ed. Galaxia. Vigo, 1984
1984
Historia da literatura
Historia da literatura. Editorial Galaxia. Vigo, 1984
1984
Escritores de Portugal e do Brasil
Escritores de Portugal e do Brasil. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 1984
1985
Recibe, polos seus méritos na cultura galega, a Medalla Castelao, outorgada pola Xunta de Galicia, distinción creada un ano antes con motivo da volta a Galiza dos restos de Castelao.
1988
Concédenlle a Medalla de Ouro de Vigo no 1988 polo seu labor en defensa da cidade e da súa área metropolitana.
1988
O señor da casa grande de Cima de Vila
O señor da casa grande de Cima de Vila. Publicación da Fundación Otero Pedrayo. Ed. Galaxia. Vigo 1988
1988
Deixa a dirección, compartida con Ramón Piñeiro, da revista Grial, despois de editar os seus cen primeiros números.
1990
Diccionario de escritores en lingua galega
Diccionario de escritores en lingua galega. Edicións do Castro. Sada (A Coruña) 1990
1990
O río do tempo. Unha historia vivida
O río do tempo. Unha historia vivida. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 1990
1991
Poesía de Antonio Noriega Varela
Poesía de Antonio Noriega Varela. Edicións Xerais. Vigo, 1991
1991
Presencia de Vigo na industria do libro e nas publicacións periódicas
Presencia de Vigo na industria do libro e nas publicacións periódicas. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 1991
1991
Álvaro Cunqueiro: 1911-1981 unha fotobiografía
Álvaro Cunqueiro: 1911-1981 unha fotobiografía. Ed. Xerais de Galicia. Vigo, 1991
1991
Álvaro Cunqueiro e o seu mundo
Álvaro Cunqueiro e o seu mundo. Ir Indo Edicións. Vigo, 1991
1992
Blanco Amor, emigrante e autodidacta. A súa vida literaria
Blanco Amor, emigrante e autodidacta. A súa vida literaria. Ed. Ir Indo. Vigo, 1992
1992
El camino de Santiago
El camino de Santiago. Ed. Ascensores ENOR. Vigo, 1992
1992
O cego de Pumardedón
O cego de Pumardedón. Ir Indo Edicións. Vigo, 1992
1992
A Universidade de Vigo invísteo en 1992 como Doutor Honoris Causa polo seu labor a prol da cultura galega. Ten como madriña a Mª Victoria Carballo-Calero Ramos.
1993
San Andrés de Teixido
San Andrés de Teixido. Contos do Castromil, 1993
1993
Eduardo Blanco Amor: escolma de textos
Eduardo Blanco Amor: escolma de textos. Real Academia Galega, 1993
1994
Luís Seoane desde a memoria
Luís Seoane desde a memoria. Edicións do Castro. Sada (A Coruña),1994
1994
Galicia
Galicia. Ed. Xerais. Vigo, 1994
1995
Doa a súa colección de libros e documentos ao Concello de Vigo para formar a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego.
1996
A xeración Galaxia,
A xeración Galaxia. Ed. Galaxia. Vigo, 1996
1997
É elixido presidente da Real Academia Galega no ano 1997. Durante o seu mandato renováronse os estatutos, en vigor desde 1906, aumentouse o número de académicos, modificouse o mandato vitalicio da presidencia, eliminouse o voto delegado...
1998
Antolín Faraldo. O gran soñador
Antolín Faraldo. O gran soñador. Ed. Xerais de Galicia. Vigo, 1998
1998
A pesca galega de mar a mar
A pesca galega de mar a mar. Publicación de Área de Ciencias Mariñas do Seminario de Estudos Galegos. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 1998
2000
A pegada das viaxes
A pegada das viaxes. Ir Indo Edicións. Vigo, 2000
2001
Ourense sentimental
Ourense sentimental. Caixanova. A Coruña, 2001
2001
A Xunta de Galicia outórgalle a Medalla de Ouro de Galicia no 2001 polos seus méritos ao servizo do país.
2001
Pontevedra sentimental
Pontevedra sentimental. Ed. Caixanova. A Coruña, 2001
2001
A Coruña sentimental
A Coruña sentimental. Ed. Caixanova. A Coruña, 2001
2001
Vigo sentimental
Vigo sentimental. Ed. Caixanova. Vigo, 2001
2001
Con Pondal en Bergantiños
Con Pondal en Bergantiños. Ir Indo Edicións. Vigo 2001
2002
Cartas de Luís Seoane desde o exilio
Cartas de Luís Seoane desde o exilio. Edicións do Castro. Sada,(A Coruña), 2002
2002
Cartas de Luís Seoane desde o exilio
Cartas de Luís Seoane desde o exilio. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 2002
2003
Desde a miña fiestra: 13 figuras da cultura galega contemporánea
Desde a miña fiestra: 13 figuras da cultura galega contemporánea. Ed. Palacios Publicidad. Vigo, 2003
2003
Sinais dunha cultura
Sinais dunha cultura. Deputación Provincial de Pontevedra, 2003
2003
Camiño andado
Camiño andado. Editorial Galaxia. Vigo, 2003
2004
Las peregrinaciones a Santiago
Las peregrinaciones a Santiago. Editorial Galaxia. Vigo, 2004
2004
Lourenzá
Lourenza. Edicións do Castro. Sada (A coruña), 2004
2004
Concédeselle o Premio Laxeiro do Padroado da Fundación Laxeiro de Vigo.
2005
Palabras a eito
Palabras a eito. Editado por Universidade de Santiago de Compostela, 2005
2005
Sesenta gallegos ilustres. Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1956-1962
Sesenta gallegos ilustres. Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1956-1962. Alvarellos Editora. Lugo, 2005
2009
En decembro de 2009 cesa como director da Biblioteca da Fundación Penzol, de Vigo.
2010
Falece en Vigo un 26 de novembro de 2010 aos 97 anos de idade.
2010
Francisco Fernández del Riego