2024
2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002
Francisco Fernández del Riego
1913-2010
autoría
crono
en liña
en papel
álbum
obras
Nace en Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913. Era o primoxénito dos once fillos e fillas de Vicente e Amada. Recibe os nomes de Francisco Jesús Benito Antonio.
O 14 de abril de 1931 proclámase a II República. Trasládase a Santiago de Compostela coa súa familia. Celebra o 25 de xullo, Día de Galiza, izando a bandeira galega no balcón do concello de Lourenzá e pronunciado unha arenga. É a súa primeira intervención pública. Na Universidade compostelá continúa os estudos de Dereito e comeza os estudos de Filosofía e Letras, que nunca rematou.
Ingresa, a primeiros do 1932, no Partido Galeguista como militante do grupo de Santiago de Compostela.
No 1936 comeza a Guerra Civil. Césano como profesor universitario e é inhabilitado para exercer a docencia. Chámano a filas e percorre diferentes frontes de batalla.
En 1940 casa con Evelina Hervella Nieto, á que coñecera en Valdeorras facendo o servizo militar. Non terán descendencia.
Nace, da man de Xaime Isla e Francisco F. del Riego, a Editorial Galaxia no 1950 co obxectivo de difundir a cultura galega. Edicións Galicia do Centro Galego de Bos Aires publica Danzas populares galegas.
Ingresa na Real Academia Galega o tres de novembro de 1960. O seu discurso de ingreso leva por título Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, discurso que foi respondido por Carvalho Calero.
Comeza a publicación da revista Grial no 1963, continuadora dos cadernos do mesmo título e censurados nos anos cincuenta polas autoridades gobernativas franquistas. Instáurase o Día das Letras Galegas, a proposta de Xesús Ferro Couselo, Manuel Gómez Reino e o propio Francisco F. del Riego, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Créase en Vigo a Fundación Penzol para manter o legado de Fermín Fernández Penzol-Labandera. Francisco F. del Riego dirixirá a Fundación ata o ano 2010.
Concédenlle a Medalla de Ouro de Vigo no 1988 polo seu labor en defensa da cidade e da súa área metropolitana.
A Universidade de Vigo invísteo en 1992 como Doutor Honoris Causa polo seu labor a prol da cultura galega. Ten como madriña a Mª Victoria Carballo-Calero Ramos.
É elixido presidente da Real Academia Galega no ano 1997. Durante o seu mandato renováronse os estatutos, en vigor desde 1906, aumentouse o número de académicos, modificouse o mandato vitalicio da presidencia, eliminouse o voto delegado...
A Xunta de Galicia outórgalle a Medalla de Ouro de Galicia no 2001 polos seus méritos ao servizo do país.
En decembro de 2009 cesa como director da Biblioteca da Fundación Penzol, de Vigo.
Falece en Vigo un 26 de novembro de 2010 aos 97 anos de idade.
Francisco Fernández del Riego