2024
2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002
Luísa Villalta
1957-2024
autoría
crono
en liña
en papel
álbum
obras
1957
1957
Luísa naceu o 15 de xullo de 1957, na rúa Vila de Laxe, da cidade da Coruña. Era a primoxénita de Rafael Villalta e María del Carmen Gómez.
Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro.
1967
No curso 1967-68 Luísa comezou os seus estudos de bacharelato no instituto coruñés Eusebio da Guarda.
Arquivo familiar
1974
Na Universidade de Santiago de Compostela matriculouse en Filoloxía Hispánica e rematou os estudos como especialista de Galego-Portugués no ano 1982.
Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
1980
Formou o grupo de música folk instrumental Escaino, xunto con Paulino Martínez Pereiro, Xoán Fernán Bello e Luís Martínez Pereiro.
Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
1983
Acabou os seus estudos como Titulada Superior en Violín no Conservatorio de Música da Coruña.
Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
1987
O doído e a morte
Teatro. Obra de Raúl Brandâo con introdución e notas de Luísa Villalta e Carlos Paulo M. Pereiro. Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña
1988
Despois de aprobar as oposicións de Lingua e Literatura Galega, o seu primeiro destino foi o instituto de bacharelato Xosé Neira Vilas, de Perillo-Oleiros (A Coruña).
1989
Concerto para un home só
Teatro. Primeiro dos cinco textos teatrais que publicará Luísa Villalta. Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña
1989
O seu segundo destino como docente de Lingua Galega foi o IES Canido, en Ferrol, no que estivo durante dous cursos.
1990
Monólogos 1
Edición con monólogos teatrais de Jenaro Marinhas, Xosé Luís Martínez, Inma A. Souto e Luísa Villalta. Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña
1991
O paseo das esfinxes
Teatro. Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña
1991
O IES Isaac Díaz Pardo, de Sada (A Coruña) foi o seu terceiro e último destino docente. Neste instituto desenvolveu diferentes actividades culturais e exerceu o cargo de xefa do Departamento de Lingua e Literatura Galega.
1991
Silencio, ensaiamos
Narrativa.Vía Láctea, A Coruña
1992
O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral
Ensaio. Laiovento, Santiago de Compostela
1994
Manifesto por un novo teatro
Tradución por Luísa Villalta da obra "Manifesto por un teatro novo", de Pier Paolo Pasolini. Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña
1994
Música reservada
Poesía. Ediciós do Castro, Sada
1995
Ruído
Poesía. Espiral Maior, A Coruña
1995
Homenaxe a Manuel María, organizado pola AS-PG, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o 15 de setembro de 1995.
Autor Manolo Graña Arquivo Casa-Museo Manuel María
1995
Luísa Villalta, arriba, segunda pola esquerda, no III Congreso de Escritores Galegos da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), celebrado en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego.
Arquivo Sergio V. Pérez Prieto e Casa-Museo Manuel María
1996
Alma de Beiramar
Obra colectiva en contra da marea negra. Os beneficios obtidos das vendas desta edición ían destinados á Plataforma Nunca Máis. Editado pola AELG, A Coruña
1997
Teoría de xogos
Narrativa. Laiovento, Santiago de Compostela
1998
A mandrágora
Teatro. Nicolás Maquiavelo. Tradución con Francisco Pillado. Ilustracións de Pepe Carreiro. Laiovento, Santiago de Compostela
2000
Narradoras
Obra colectiva. Editorial Xerais, Vigo
2001
As chaves do tempo
Narrativa. Editorial A Nosa Terra, Vigo
2001
Os doces anos da guerra
Teatro. Revista Galega de Teatro, Cangas do Morrazo
2003
Materia prima
Obra Colectiva. Con textos de dezasete autores e autoras galegas, entre eles Luísa Villalta, co seu relato Máis alá das raíces. Edicións Xerais, Vigo
2003
Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina
Poesía. Obra colectiva. Fundación Araguaney, Santiago de Compostela
2004
Luísa Villalta faleceu na madrugada do 6 de marzo de 2004. Os seus restos repousan no cemiterio coruñés de Santo Amaro. A cerimonia relixiosa do enterro deu paso a un acto laico a cargo de escritores e poetas galegos, con poemas e música de violín.
2004
En concreto
Poesía. Espiral Maior, A Coruña
2005
Libro das colunas
Ensaio. Editorial A Nosa Terra, Vigo
2006
Papagaio
Poesía. Con fotografías de Maribel Longueira. Laiovento, Santiago de Compostela
2018
Luísa Villalta. Obra dramática completa
Teatro. Asociación Cultural Alexandre Bóveda, A Coruña
2020
As palabras ingrávidas
Poesía. Edición de Armando Requeixo. Editado pola Xunta de Galicia
2020
Luísa Villalta. Muller de música e poesía
Obra colectiva con artigos sobre a biografía e obra de Luísa Villalta. Cadernos de Estudos Locais, nº 32. Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Sada (A Coruña)
2021
O outro lado da música, a poesía
Ensaio. Editorial Galaxia, Vigo
2023
Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta
Estudo sobre a biografía de Luísa Villalta, da autoría de Polo Correo do Vento e con ilustracións de Tania Solla. Publicado por Lela Edicións
2023
Luísa Villalta. Alma de violino
Álbum ilustrado sobre Luísa Villalta a través de palabras que definen a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Texto de Beatriz Maceda e Eli Ríos. Ilustracións de Laura Suárez. Edicións Xerais de Galicia, Vigo
2023
Luísa Villalta, melodía de palabras
Estudo sobre a autora. Texto de María Canosa e ilustración da portada de Laura Romero. Edicións Xerais de Galicia, Vigo
2023
Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004))
Poesía. Edición de Armando Requeixo. Editorial Galaxia, Vigo
2024
Luísa Villalta