2024
2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002
Luísa Villalta
1957-2024
autoría
crono
en liña
en papel
álbum
obras
Luísa naceu o 15 de xullo de 1957, na rúa Vila de Laxe, da cidade da Coruña. Era a primoxénita de Rafael Villalta e María del Carmen Gómez.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro.
Luísa Villalta, arriba, segunda pola esquerda, no III Congreso de Escritores Galegos da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), celebrado en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego.

Fonte: Arquivo Sergio V. Pérez Prieto e Casa-Museo Manuel María
Homenaxe a Manuel María, organizado pola AS-PG, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o 15 de setembro de 1995.

Fonte: Autor Manolo Graña Arquivo Casa-Museo Manuel María
Formou o grupo de música folk instrumental Escaino, xunto con Paulino Martínez Pereiro, Xoán Fernán Bello e Luís Martínez Pereiro.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
Acabou os seus estudos como Titulada Superior en Violín no Conservatorio de Música da Coruña.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
Despois de aprobar as oposicións de Lingua e Literatura Galega, o seu primeiro destino foi o instituto de bacharelato Xosé Neira Vilas, de Perillo-Oleiros (A Coruña).
O IES Isaac Díaz Pardo, de Sada (A Coruña) foi o seu terceiro e último destino docente. Neste instituto desenvolveu diferentes actividades culturais e exerceu o cargo de xefa do Departamento de Lingua e Literatura Galega.
O seu segundo destino como docente de Lingua Galega foi o IES Canido, en Ferrol, no que estivo durante dous cursos.
Luísa Villalta faleceu na madrugada do 6 de marzo de 2004. Os seus restos repousan no cemiterio coruñés de Santo Amaro. A cerimonia relixiosa do enterro deu paso a un acto laico a cargo de escritores e poetas galegos, con poemas e música de violín.
No curso 1967-68 Luísa comezou os seus estudos de bacharelato no instituto coruñés Eusebio da Guarda.

Fonte: Arquivo familiar
Na Universidade de Santiago de Compostela matriculouse en Filoloxía Hispánica e rematou os estudos como especialista de Galego-Portugués no ano 1982.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
Luísa Villalta coa súa irmá Susana.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
A familia ao completo, Luísa, Rafael, María e Susana, a irmá pequena.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
En Grândola, Portugal, diante dun mural coa canción de Xosé Afonso.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
Celebrando o seu aniversario, na compaña da súa nai, María, e da súa irmá, Susana.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
No peirao do Leste do porto da Coruña, coa cidade ao fondo.

Fonte: Arquivo familiar/Centro Ramón Piñeiro
Luísa Villalta