
1964-2026
1964 | |
1964 Nacemento de Begoña Caamaño O 14 de outubro de 1964, no barrio vigués do Calvario, naceu Begoña Caamaño Rascado. Foi a a segunda de catro irmáns. ![]() | 1986 ![]() En Radio Noroeste En 1986 comezou a traballar como xornalista en Radio Noroeste, emisora viguesa creada tres anos antes. Nesta emisora pasou a formar parte, despois de realizar un curso de formación radiofónica, dos seus servizos informativos. |
1989 Na Radio Galega Entra a traballar na delegación de Vigo da Radio Galega. ![]() | 1990 ![]() Trécolas Na delegación viguesa da Radio Galega creou, xunto con Rosa Martínez, o programa Trécolas, o primeiro que se facía dende unha delegación territorial. |
1990 "Festa da palabra silenciada" "Festa da palabra silenciada" é unha revista anual de carácter político-cultural publicada por Feministas Independentes Galegas e dirixida por María Xosé Queizán e na que comeza, no número 7, a colaborar Begoña Caamaño, co artigo Ser muller na radio. ![]() | 1992 Na Radio Galega en Santiago de Compostela Incorpórase á redacción central da Radio Galega, en Santiago de Compostela. |
1997 Mulleres Galegas na Comunicación Reunión das fundadoras de Mulleres Galegas na Comunicación (Mugacom). Begoña, segunda pola esquerda, con Amanda Álvarez, Ana Romaní, M.ª Xosé Porteiro e Rosa Martínez. Marzo de 1997. Arquivo Begoña Caamaño. Consello da Cultura Galega ![]() | 2009 ![]() Publicación de "Circe ou o pracer do azul" A editorial Galaxia publica "Circe ou o pracer do azul", a primeira novela de Begoña Caamaño, escrita en idioma galego e na que a autora fai unha revisión da mitoloxía grega baixo unha óptica feminista. |
2010 "Pel con pel" "Pel con pel", editada por Galaxia, é unha obra colectiva na que participa Begoña Caamaño. Este libro recolle trinta e tres fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactación Materna que organizaron Fedegalma e Galaxia. ![]() | 2012 ![]() Publicación de Morgana en Esmelle Morgana en Esmelle, a segunda novela de Begoña Caamaño, foi publicada pola editorial Galaxia e recibiu numerosos premios. A trama entronca co ciclo artúrico, que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda, e co mundo fabuloso da terra de Miranda descrito por Álvaro Cunqueiro en Merlín e familia. |
2012 Premio da Crítica de Narrativa Galega Recibe o Premio da Crítica de narrativa galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios pola súa novela "Morgana en Esmelle". | 2013 ![]() Premio Antón Losada Diéguez Recibe o Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria, na súa XVIII edición, pola súa novela "Morgana en Esmelle". |
2013 "Rosalía pequeniña" A finais do 2013 Galaxia publica "Rosalía pequeniña", un libro-CD con cancións de Uxía sobre poemas de Rosalía de Castro e ilustracións de Marina Seoane no que Begoña Caamaño participa co limiar. ![]() | 2014 ![]() "Letras nómades" "Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega", coordinado por Ana Acuña, e editado por Frank&Timme, é unha obra colectiva na que colaborou Begoña Caamaño co texto "Viaxar para ler o mundo. Viaxar para lerme". Esta obra foi presentada o 21 de novembro na Libraría Lila de Lilith de Santiago de Compostela. |
2014 "Circe o el placer del azul" en castelán A obra foi traducida ao castelán no 2014 por Xosé Antonio López Silva co título "Circe o el placer del azul" e publicada pola editorial Galaxia na súa colección Mar Maior. ![]() | 2014 ![]() O falecemento Begoña faleceu, vítima dun cancro de páncreas, o 27 de outubro de 2014. Foi despedida nun acto no tanatorio de Boisaca, en Santiago de Compostela, no que Uxía, despois de ler unha carta da autora, interpretou a cantiga o Alalá das Mariñas. |
2015 Begoñísima No primeiro aniversario da morte de Begoña as súas amigas organizaron un acto de homenaxe que titularon Begoñísima que contou coa intervención das súas compañeiras na Radio Galega, actrices, escritoras, poetas, músicas... e a proxección de audiovisuais sobre a súa figura e obra. ![]() | 2016 ![]() "Circe ou o pracer do azul" en portugués No ano 2016 a editorial Galaxia e a brasileira Ponte Atlántica, xestionada por galegos e descendentes de galegos, chegan ao acordo de traducir a novela de Begoña Caamaño ao portugués, co título "Circe ou o prazer do azul", cun equipo de tradutores coordinados pola catedrática da Universidade brasileira de Sâo Paulo, Valéria Gil Condé. |
2017 Premio Begoña Caamaño No ano 2017 a Deputación Provincial da Coruña convocou o Premio Begoña Caamaño dirixido á mellor iniciativa cultural pola igualdade de xénero cunha dotación económica de 6.500 euros. ![]() | 2017 ![]() Premio Begoña Caamaño da Deputación da Coruña A Deputación Provincial da Coruña convoca o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola de Igualdade de Xénero. |
2019 Filla adoptiva de Santiago de Compostela Begoña Caamaño foi nomeada, a título póstumo, filla adoptiva de Santiago de Compostela, xunto a Federico García Lorca. Esta cerimonia realizouse no Auditorio de Galicia e colocouse unha placa co nome de Begoña Caamaño no parque das Fontiñas en lembranza da xornalista e escritora. ![]() | 2020 ![]() Reivindicando o legado de Begoña Caamaño O Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca en Xove unha xornada para reivindicar o legado de Begoña Caamaño. Este observatorio integrado por veciñas dos concellos da Mariña que deseñan estratexias e actividades para informar sobre os recursos dispoñibles en materia de igualdade. |
2026 "Begoña ou o pracer da amizade" Unha obra de Beatriz Maceda na que nas voces míticas de Circe, Penélope, Morgana e Xenebra, faise un repaso pola biografía e obra de Begoña Caamaño. Editado por Xerais, en 2026, na súa colección Merlín. ![]() | 2026 ![]() "Os fíos de Begoña" Pequena biografía de Begoña Caamaño, da autoría de Eva Mejuto e con ilustraciós de Iria Díaz, está publicado por Edicións Xerais de Galicia. |
2026 Publicación de Begoña Caamaño Pequena biografía Begoña Caamaño. Pequena biografía, da autoría de Eva Mejuto e con ilustracións de Tania Solla, foi publicada pola editorial Polo Correo do Vento en 2026. ![]() | 2026 ![]() Publicación de A nena que perdeu un zapato na lama A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués (1964-1976) é unha obra de Ramón Nicolás na que nos revela os anos da infancia de Begoña no barrio do Calvario. As ilustracións son de Carlos Gallego. Publicado por editorial Galaxia no ano 2026. |
2026 | |