Letras Galegas
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002

Frei Martín Sarmiento








¿SABÍAS QUE…


* O verdadeiro nome de Frei Martín Sarmiento foi o de Pedro José García Balboa. ¿O motivo do cambio?. Estudiando en Salamanca tiña na súa clase varios Garcías e algún Balboa e para diferenciarse elixe o nome do patrón do convento onde profesou: Martín e o segundo apelido da súa nai: Sarmiento?

*Á idade de 50 anos comeza a interesarse pola cultura e lingua galega, tendo que manter en segredo esta actividade considerada “extravagante”?

*O Real Xardín Botánico de Madrid creouse por petición expresa de Sarmiento, que reclamaba este tipo de xardíns para tódalas cidades, ó estilo das europeas?

*Foi un crítico feroz contra a dilapidación dos cartos da Administración pública á que acusa de crear cargos inútiles e con estupendos soldos?

*Na súa obra “Voces Gallegas de diferentes vegetables” inclúe, por vez primeira, unha relación de nomes vulgares galegos de plantas, producto das súas viaxes polo país?

*Faleceu un 7 de decembro de 1772, sendo sepultado na Capela do Cristo do convento de San Martín de Madrid, desaparecendo os seus restos ó seren derrubado o convento?



UN CONTO DE SARMIENTO

“Angazo. Esta voz é famosa en Galicia por un chiste que din que sucedeu cun galego que, de andar por Castela, esquecera a súa lingua. A feitura do angazo é tal que, se se pon polo chan cos dentes para baixo e se pisa riba do ollo de mangalo, ó instante levántase o mango e vén bater nos fuciños de quen lle tocou co pé.
Vindo o chiste.
Apareceu o dito galego pola eira, onde estaba súa nai, e preguntoulle como se chamaba aquel aveño. Mandoulle a nai que puxese o pé conforme dixemos arriba. E nada máis pisar, o mango, vindicando o seu propio e nativo nome, ergueuse e deulle na testa unha pancada feroz. Entón fai ó momento o olvidadizo rapaz:
-¡Ai, miña nai, o angazo!
-Así é como se chama mesmamente-dixo a nai.
Conviría que este chiste se repetise moitas veces en Galicia e Castela. Un non aguanta cando sinte que alguén esqueceu o seu idioma nativo. ¿Que diremos dos que fixeron por esquecelo? É unha necidade pensar que poida haber unha lingua, viva ou morta, que sexa mellor para explica-los seus conceptos ca aquela que cada un mamou e usou en toda a súa neneza.
É moi útil que se estudien, se saiban, se entendan e se falen linguas estrañas; pero sen esquece-la nativa. Antes ben, débese procurar que as estrañas sirvan para entender e penetrar mellor a propia. Xa se irá vendo neste glosario que a lingua galega non teñen porque despreciala os casteláns palurdos, que non a entenden, e non falan senón a súa coma un papagaio aprendiz; nin merecer ser esquecida dos nativos, aínda que leven anos en rexións moi remotas.”
Frei Martín Sarmiento, Colección de frases y voces gallegas