Letras Galegas
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002

Xesús Lorenzo Varela Vázquez





A SÚA OBRA

Lorenzo Varela é autor dunha breve pero interesante obra lírica escrita en galego e castelán.
As súas primeiras produccións están feitas en castelán. Son romances populares de combate ao servicio da causa republicana.
Estas son as súas principais publicacións:
«Elegías españolas», editada en México en 1940. Leva ilustracións de Miguel Prieto e ten pegadas da Xeración do 27.
«Catro poemas pra catro gravados». Editada no 1944 en Bos Aires. De temática histórica combinada con elementos míticos. Son os poemas que acompañan ao álbum de Luís Seoane «María Pita e tres retratos medievais». Posteriormente Julián Bastida musicou os poemas.
«Lonxe». Editada tamén en Bos Aires no ano 1954. A temática está centrada na nostalxia da terra e ofrece unha testemuña do exilio. Os dez gravados sobre madeira que ilustran a publicación son obra de Seoane.
«Homaxes», de Edicións do Castro, publicada no 1979 e con poemas en galego e castelán.
A poesía completa, tanto en galego coma en castelán, foi publicada por Edicións do Castro, na colección Poesía do Exilio, no ano 2000.
Lorenzo Varela pertence á Xeración do 36 e representa a poesía social-realista xunto con Luís Seoane, Xosé Conde e Celso Emilio Ferreiro, entre outros. Ten influencias da tradición literaria española e galega e dos poetas da Xeración do 27.
A súa poesía é, segundo Alonso Montero, «marcadamente civil con elementos líricos e elaborada construcción formal».
Nas súas obras usa un galego culto e ao mesmo tempo popular onde o modelo da lingua vai evolucioando de acordo co paso do tempo e co desenvolvemento do noso idioma.
Ademais de poeta Lorenzo traballou como xornalista, crítico de arte e traductor de portugués.
En España colaborou como redactor narevista «PAN» (Poetas Andantes e Navegantes) e como crítico literario no xornal «El Sol», ademais de facelo en revistas literarias republicanas como «Hora de España», «El Mono Azul»...
No exilio mexicano traballou en revistas como «Romance» e «Taller».
Na Arxentina fundou a revista «De Mar a Mar» e «Correo Literario», esta última xunto con Seoane e Cuadrado. Foi colaborador nos xornais arxentinos «Clarín», «El Mundo», «La Nación»...
Participou en numerosos volumes colectivos como «Poetas de la España Leal» e «Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales», con Antonio Machado, Alberti, Cernuda e Pablo Neruda.
Como traductor de portugués ao castelán é coñecido, sobre todo, pola obra «Doña Flor y sus maridos» .


TEXTOS DE CONSULTA

Salgado García, Fernando (1995): Lorenzo Varela: Crónica dunha vida atormentada. O Castro. Sada. A Coruña. Edicións do Castro

Varela, Lorenzo (2000): Poesía Completa I. O Castro. Sada. A Coruña. Edicións do Castro

Varela, Lorenzo (1979): Poesía. O Castro. Sada. A Coruña. Edicións do Castro

Ferreiro Fente, Xosé Gregorio (2003): Homenaxe. sesenta escritores falan de Lorenzo Varela. O Castro. Sada. A Coruña. Edicións do Castro

Bernárdez, Xosé Carlos L. (2005): Lorenzo Varela. Vida e Obra. Vigo. Edicións Xerais

Salgado García, Fernando (2005): Lorenzo Varela (1916-1978). Unha fotobiografía. Vigo. Edicións Xerais

Bernárdez, Xosé Carlos L. (2005): Poesía Galega. Colección Biblioteca das Letras Galegas. Vigo. Edicións Xerais