Letras Galegas
2019
2018
2017
2016
2015
2014
2013
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006
2005
2004
2003
2002

María Mariño Carou

O Día das Letras Galegas do ano 2007 está dedicado á figura de María Mariño Carou, merecedora do nome de Poetisa do Caurel, xa que a súa obra literaria, dous libros de poesía, están centrados nesta comarca na que viviu gran parte da súa vida.




1902 Maioría de idade do Rei Alfonso XIII. 
1907 Aparecen as primeiras organizacións agrarias. Nace en Noia María Mariño Carou, un oito de xuño. 
1909 Comeza a Guerra de Melilla. Semana Tráxica de Barcelona. 
1910 Creación da CNT. 
1912 Asesinato de Canalejas. 
1916 Fúndase a Irmandade da Fala de A Coruña. Comeza a loita contra do sistema foral. 
1917 Folga Xeral. Creación das Xuntas Militares de Defensa. 
1918 Reivindícase en Lugo a cooficialidade do galego e o castelán. 
1921 Desastre de Annual Constitúese a Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires. 
1923 Iníciase a Ditadura de Primo de Rivera. 
1924 Créanse en Pontedeume (A Coruña) as primeiras cooperativas leiteiras galegas. 
1925 Desembarco de Alhucemas. Rendición de Abd-el- Krim. 
1926 Apróbase, polo goberno de Primo de Rivera, o decreto de redención forzosa dos foros. 
1929 Fúndase a Organización Republicana Gallega. 
1931 Eleccións municipais. Proclamación da República Exilio de Alfonso XIII Elaboración da Constitución republicana. Goberno de centro-esquerda Fundación do Partido Galeguista. 
1933 Goberno de dereitas. Fundación de Falange Española. 
1936 Goberno da Fronte Popular. Referéndum e aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Alzamento militar. Comeza a Guerra Civil. 
1938 María Mariño asiste ao cerco de Bilbao polas tropas franquistas. 
1939 Fin da Guerra Civil. Inicio da Ditadura Militar franquista. Voda de María Mariño con Roberto Pose Carballido un trinta e un de maio. 
1940 Proclamación da lei da Masonería e o Comunismo. Neutralidade e non belixerancia de España na Segunda Guerra Mundial. Actividade guerrilleira contra a ditadura. 
1941 Saída para a URSS da División Azul. 
1942 Promulgación da Lei das Cortes, Promulgación do Foro dos Españois. 
1944 Publicación de Sempre en Galicia de Alfonso R. Castelao. 
1945 Supresión do saúdo fascista. Illamento internacional de España e bloqueo de fronteiras. 
1947 Morte en Romeor de Filomena Carou, nai de María Mariño. 
1950 Falecemento de Castelao. Fundación da Editorial Galaxia. 
1953 Asinatura do Concordato coa Santa Sede. Acordo cos EEUU e cesión das bases militares de Torrejón, Rota, Morón... María Mariño coñece ao poeta Novoneyra. 
1955 Entrada de España na ONU. 
1957 Comeza o despegue económico de España. 
1959 Creación de ETA. 
1960 Desenvolvemento económico. Apoxeo da industria turística. Chegada das remesas económicas dos emigrantes. Migración campo-cidade. Creación da Seguridade Social. 
1963 Publícase o libro de poemas de María Mariño Palabra no Tempo. 
1967 Morre María Mariño en Parada do Courel o dezaoito de maio. 
1983 Homenaxe da Asociación Cataventos de Noia a Mariño coa descuberta dunha placa na rúa Cega de Noia e a celebración dunha mesa redonda de poetas e intelectuais. 
1990 O concello de Noia edita o libro homenaxe Verba que comeza, de María Mariño, con vinte e sete poesías.