O Seminario Galán

  O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), constituiuse hai agora doce anos, no curso escolar 1997-98.
  Este primeiro Seminario estaba composto por seis profesores e profesoras do propio CEIP de Galán e outros do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo. O número de integrantes era o máximo que permitía o Centro de Formación do Profesorado (CEFORE), ao que estaba adscrito.
  As súas primeiras publicacións pretendían afondar no coñecemento no contorno de ámbolos dous centros, polo que establecimos catro itinerarios do concello que nos podían dar unha imaxe nidia de por onde se movían as nosas respectivas comunidades escolares. Deses catro itinerarios xurdiron outras tantas publicacións, unha por curso escolar:
  • O Santuario de Pastoriza
  • Os Milagros de Caión
  • O val de Loureda
  • A Fraga de Sisalde

  •   Estas catro edicións tiveron unha tirada de 1.000 exemplares cada unha e foron repartidas entre o alumnado e as entidades culturais do concello. A financiación destes Seminarios corría a cargo da Xunta de Galicia por medio dos fondos económicos destinados ás actividades do CEFORE.
      Durante estes catro primeiros anos os membros do Seminario tamén colaboraron coa Concellería de Educación do Concello de Arteixo elaborando e editando un monográfico dedicado a Manuel Murguía, conmemorando o Día das Letras Galegas e outro monográfico sobre a Fraga de Sisalde, máis amplo co editado dous anos antes, e coincidindo coa rehabilitación dese espazo natural por parte do concello de Arteixo. Esta última publicación distribúese na actualidade entre os participantes das visitas guiadas organizadas pola Concellería de Educación á Fraga.
    A partir do curso 2002/2003 as actividades do Seminario centráronse na elaboración de materiais relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada ano.
    Este traballo, inicialmente limitado a un traballo de recopilación biográfica e de estudo da época de cada escritor, foise enriquecendo co paso dos anos coa elaboración de actividades orientadas aos alumnos de Educación Infantil e Primaria para realizar sobre papel impreso, e a partir do curso 2006/2007 tamén actividades en liña empregando soportes como Jclic, Edilim ou Ardora.
    Neste curso 2009/2010 o Seminario está integrado por:

    Seminario de Formación Permanente «Uxío Novoneyra»

    • Rosa María Andrés Losada
    • Eduardo Xosé Cabrera Paradela
    • M.ª Luísa Domínguez Pérez
    • Armando Xosé Herrero Mayor
    • M.ª Luísa Mosquera Seijo
    • Mario Ramón Suárez Hermida

    Seminario de Formación Permanente «Material didáctico sobre Uxío Novoneyra»

    • Ana Fernández Jonte
    • M.ª Isabel Hortas González
    • Paz Santiso Andrade
    • Ana María Seijo López
    • M.ª Jesús Souto Pereira
    • M.ª Belén Suárez Carballo

    Seminario de Formación Permanente «Uxío Novoneyra na Rede»

    • Ana María Cernadas García
    • María del Carmen Félix Cedeira
    • Vanessa Guimarey Cedeira
    • Manuel Paz Anido
    • José Antonio Picado Rodríguez
    • M.ª Carmen Valiñas Rivas

    Asesoría pedagóxica CEFORE A Coruña

    • Xosé Antón Amil García

    Maquetación e deseño gráfico

    • Manolo Paz Anido (www.edugaliza.org)

    Colexios participantes

    • CEIP Anxo da Garda, da Coruña
    • CEIP A Solaina, de Narón
    • CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo
    • CEIP Eusebio da Garda, da Coruña
    • CEIP Torrente Ballester, de Sigrás-Cambre
    • CEIP Luís Seoane, de Mera-Oleiros
    • CEIP Montel Touzet, da Coruña
    • CEIP Portofaro, do Temple-Cambre
    • CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión
    • CEIP Virxe do Mar, de Narón
    • CEIP W. Fernández Flórez, de Cambre
    • CPI do Feal, de Narón