Begoña Caamaño

1964-2026

  • autoría
  • crono
  • en liña
  • en papel
  • álbum
  • obras
  • biblio

Begoña Caamaño Rascado, naceu no barrio vigués do Calvario, o 14 de outubro de 1964. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), editadas por Galaxia.
Rematou os estudos de Maxisterio e dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega, emisora na que botou a andar, xunto a Rosa Martínez en 1990, o programa Trécolas. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio Galega, en Santiago de Compostela, desenvolvendo tarefas de redactora nos servizos informativos e no Diario Cultural, dirixindo e presentando os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite. Faleceu, aos 50 anos de idade, en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014. A Real Academia Galega acordou, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de xuño de 2025, dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño a proposta dos membros da Academia Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María López, Margarita Ledo, Chus Pato e Francisco Fernández.



  • seminario
  • letras
  • contacto